Our webstore uses cookies to offer a better user experience and we recommend you to accept their use to fully enjoy your navigation.

A revolución escrita

978-2-36783-019-3

Rústica

Unha analise da prensa obreira no contexto da histoira do movimento obreiro na Galiza contemporanea (1866-1936).

Más detalles

4,90 €

Paiement sécurisé
Paiement sécurisé

Presentación

A prensa foi un dos instrumentos fundamentais de difusión dos principios políticos e sindicais do movemento obreiro, un medio para estimular a conciencia dos traballadores e mobilizalos na defensa dos seus intereses, das súas revindicacións, e liberalos do dominio e do xugo aos que a burguesía, a Igrexa e o resto das clases dominantes os tiñan sometidos. Este proceso foi especialmente intenso dende finais do século XIX ata mediados do século XX, un momento no que a loita de clases está en pleno auxe e no que o proletariado acada unha capacidade organizativa e de mobilización sen precedentes na historia, converténdose nun dos actores principais das sociedades contemporáneas.
Na presente obra preséntase unha análise da prensa obreira no contexto da historia do movemento obreiro na Galiza contempo -ránea, considerando todas as tendencias do mesmo e as localidades de publicación. Inclúese, así mesmo, un catálogo detallado coas diferentes cabeceiras publicadas neses anos, con informacións precisas sobre as súas características e os arquivos onde se conservan os números aínda existentes desas publicacións. O considerábel número de periódicos e a estabilidade dalgunhas cabeceiras, confirma a importancia e o dinamismo do obreirismo galego neses anos e o seu papel destacado na historia contemporánea da Galiza.

Óscar Freán Hernández (Ourense, Galiza, 1971)  é Doutor Europeo en Historia e Profesor Titular na Universidade de Franche-Comté  (Besançon, Francia). Especialista da historia  social e cultural contem-poráneas, ten traballado de xeito particular sobre o  movemento obreiro galego e o anarquismo. É autor de El movimiento  libertario en Galicia, 1910-1936 (Ediciós do Castro, 2006) e de diferentes  artigos e colaboracións en publicacións especializadas.

Ficha técnica

GéneroEnsayo - Historia y sociedad
IdiomaGalego
FormatoE-book PDF
Páginas260
Tamaño15,5 x 23,5 cm
Fecha de publicación31/08/2013
ColecciónUniversitas
ISBN978-2-36783-019-3

30 libros más en la misma colección